martes, 25 de junio de 2019

Microrrede.

. Microrrede da Mariña de Bibliotecas con  PLAMBE.
         O noso centro pertenece á Microrrede de Bibliotecas da Mariña. Trátase dunha serie de bibliotecas desta zona que ano tras ano se xunta ca pretensión de facer un traballo colaborativo ca implicación das familias. Este ano leva por título “A poesía que sentimos” e consta de catro fases.
      Dende a nosa bilioteca propoñemos ás familias crear una poesía en lingua galega sobre calquer temática ou centro de interés que sexan quen de percibir e gozar con calqueras dos seus sentidos. O traballo leva por título “Alfoz é poesía”.  Na carta que enviamos ás familias aparece explicado máis detalladamente.
Entre os días 4 e 6 de xuño a exposición estará montada en Viveiro e haberá diversas
atividades tanto o día da inauguración coma o da clausura. As familias reciben unha
 notificación con todos os actos previstos.

Taller de poesía.



Cos alumnos de 5º e 6º cursos fíxose unha labor de investigación centrada na poesía e usando as  novas tecnoloxías para a búsqueda de información e para a elaboración dos distintos traballos.

·      Traballaron por parellas e buscaron información biográfica sobre un poeta/poetisa galego/a, unha poesía e un video que estivese relacionado co autor/a. Con ese material os grupos tiñan que elaborar un power point que incluise tres diapositivas: unha ficha biográfica con foto do/da poeta/poetisa, unha poesía e un video na diapositiva final.

·     
Buscaron información sobre o proceso compositivo e a creación dunha poesía en distintas formas gráficas ou caligramas. Con esta información crearon os seus propios caligramas e poesías.




·      Creación de poemas acrósticos:

  •       Elaboración un mural cunha poesía en forma de xeroglífico (con debuxos e empregando as menos  palabras posibles).



  •     Creación dun poema para ser recitado ao cal se lle engadiu unha melodía con guitarra para grabalo nunha pista de audio. Elaboración dun novo power point con distintas poesías e a inclusión do audio do poema musicalizado.













Dia da poesía.


ü  Día da poesía: o xoves 21 de marzo celebramos este gran día na nosa biblioteca. O alumnado de sexto curso recitou unha serie de poemas de elaboración propia acompañados do profesor Roberto á guitarra




Aquí podedes escoitar os poemas:

















A volta ao mundo.

  A volta ao mundo: o 31 de maio visitounos David Val, ou como el se define “un nómada en bicicleta”. Durante 13 meses estivo viaxando por 20 países e 3 continentes. Contóunos as súas experiencias de vivir con tantas culturas, relixións… e puidemos comprender así outras formas de ser e vivir. Hay outros mundos e podemos aprender de todos eles. Presentounos o seu libro “Un nómada en bicicleta: pedaleando alrededor del mundo”