SEMANA DA PRENSA (do 12 ao 19 de marzo)
A biblioteca está a celebrar a semana da prensa coa instalación dun quiosco de prensa na entrada da biblio, onde poderedes ver e consultar diferentes xornais e revistas que se publican no noso país e algúns xoranis estranxeiros.
Cada neno e nena do colexio vaise converter estes días nun pequeno xornalista redactando noticias que suceden no seu contorno ( colexio , barrio, parroquia...). Con cada unha das noticias compoñen páxinas xigantes do noso xornal "O Castelín" que estará exposto no entrada do cole.
Ánimo e a buscar noticias.
No hay comentarios:
Publicar un comentario