miércoles, 5 de marzo de 2014











Un 8 de marzo de 1857, un grupo de obreiras do téxtil saiu as rúas de Nova Iork a  protestar polas  malas condicións  nas que traballaban.
A partir desa data sucederonse  distintos movementos. O 5 de marzo de 1908 en Nova Iork houbo outra folga pólemica para aqueles tempos. Un grupo de  mulleres reclamaba a igualdade de salarios, a diminución da xornada laboral a 10 horas e un tempo para dar de mamar aos seus fillos e fillas. Durante esa folga morreron máis dun cento de mulleres queimadas nunha  fábrica de Sirtwoot Cotton, nun incendio que se lle atribuiu ao dono da fábrica como resposta  á folga.
En 1910, na Segunda Conferencia Internacional de Mulleres Traballadoras celebrada  en Copenhague (Dinamarca) máis de 100 mulleres aprobaron declarar o 8 de marzo como DÍA INTERNACIONAL DA MULLER  TRABALLADORA.

No hay comentarios:

Publicar un comentario