viernes, 21 de abril de 2017


Día das persoas xordas.

  • O día 30 de setembro a nosa maestra Ana foi a encargada de levar a cabo esta actividade de concienciación sobre o que supón ser unha persoa xorda. Ensinounos a dicir o noso nome no alfabeto dactilolóxico e algunha que outra palabra: 


Día das bibliotecas:

  • Venres 21 de outubro acudimos á Biblioteca do concello para ver o contacontos que leva por título  Contiario





  • Luns 24 de outubro. Os nenos/nenas de Infantil e Primeiro e Segundo curso acudimos á biblio do cole e disfrutamos do contacontos "Sabela e as zocas máxicas"



Os nenos e nenas de terceiro, cuarto quinto e sexto cursos acudiron ao auditorio Gustavo Freire para ver "De los cuentos a las cuentas".


  • Mércores 26 de outubro. Temos a inauguración da Biblioteca de colexio:

Explicación do lema deste ano "Biblioteca escolar: territorio das artes".

Video- resumo das actividades feitas ao longo da ano pasado:  Actividades curso pasado

Entrega de carnet e pasaporte lector asi coma de Guía de Usuario:



Presentación da nosa mascota "Patricio" que esta ano gracias a colaboración do ANPA e Tamara Casabella podemos telo con nós.


Resolución de " Concurso Castelín 2016".  Tratábase de averiguar a persoaxe de "ALICIA NO PAÍS DAS MARABILLAS" que decía unhas determinadas frases. A gañadora foi Noemí Vidal Cuba que levou para a casa u telescopio:








 Taller de Samaín:
  • Nas clases fixemos traballos manuais para decorar o colexio e a biblioteca. 
  • Na biblioteca organizamos un taller de marcapáxinas.
  • Na clase de música traballamos coa "Danza das bruxas" de Paganini. fixemos un traballo de búsqueda de información sobre a biografía de Paganini, de violinistas actuais e de Luthiers. Seguidamente deixámonos guiar polas nosa emocións e expresámolas con lápices de cores.


    Taller de reciclaxe.

    O día 8 de novembro visitounos Fernando Pensado Soriano para falarnos da importancia da reciclaxe. Explicounos detalladamente as 3R (Reducir, Reutilizar, Reciclar). Seguidamente fixemos exercicios prácticos de reciclaxe e por último repartimos agasallos elaborados con materiais reciclados.
    Para completar esta actividade na clase de música interpretamos a canción "A reciclaxe" con música da película "Sonrisas y lágrimas".

    Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
    • Os nenos e as nenas de Infantil traballamos a canción "superlola" Superlola que leva encuberta unha mensaxe da posibilidade de que a muller pode facer calquera tipo de actividades, non só o estereotipado.
    • En primaria visionamos tres cortos de animación: "El sandwich de Mariana: El sandwich de Mariana , "Maltrato sutil"  Maltrato sutil, "El puente" El puente e fixemos unha postas en común. Gústanos a idea e posterior debate e "tormenta de ideas" pois polo xeral chégase a espertar e remover conciencias que é o noso obxectivo.
    • Na biblioteca fixemos unha pequena exposición con fondos documentais que temos sobre este tema. Patricio ó igual co resto de nenos/nenas disfrutaron con esto xa que leu todos os libros e ata puxo unha banda para facer a súa reivindicación.
    O agasallo de Anya.

    O pasdo venres 9 de decembro tivemos a gran sorte de ter na nosa biblioteca a Sabela Núñez Singala.
    Visitounos para contarnos cousas sobre a sús gran novela "O agasayo de Anya".
    Para saber máis deste conto podedes premer no en lace seguinte:

    No hay comentarios:

    Publicar un comentario