miércoles, 28 de junio de 2017

VISITA DE ANA EXPÓSITO

O día 24 de abril tivemos a gran sorte de ter con nos a Ana Expósito. Mantivemos unha animada charla con ela na que nos contou moreas de cousas acerca do libro que estivemos traballando: "O dente de Clara".
Pero o que máis nos chamou a atención foron todas as aventuras e desventuras polas que pasou como reporteira bélica.
Ao final da visita entregámoslle os agasallos que fixemos sobre a lectura do libro, firmou no libro de visitas do colexio e por suposto cada un dos nosos exemplares...con dedicatoria incluida!.
Unha estupenda experiencia, sen dúbida.

Grazas Ana!.







No hay comentarios:

Publicar un comentario