jueves, 21 de febrero de 2019

Día da Paz.

O mércores 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz, non sen antes recordar que o día da paz non é só este día senón que todos os días do ano temos que vivir en paz.
Reflexionamos sobre a necesidade de construir un mundo mellor, máis solidario, máis igual e respetuoso.
Primeiro demos letura aos acrósticos sobre a paz que os nenos e nenas escribiron nas aulas.
Os máis pequenos escribiron palabras relacionadas coa paz.





Despois demos paso a actividade Libros por kg  Consistía nunha recollida de alimentos non perecedeiros aportados polas familias; a cambio, os nenos/as recibían un libro doado pola biblioteca do centro.



No hay comentarios:

Publicar un comentario