martes, 15 de enero de 2019

Día da árbore e da auga.


  • Fixemos dous clubs de lectura cos textos enviados pola Diputación de Lugo:
  1. Para os máis pequenos: "A auga, o dragón e o salgueiro".
  2. Para os maiores: "A invención do salgueiro".


  • Tamén nos enviaron un pé de salgueiro que gustosamente plantamos no colexio para incrementar a presencia de árbores autóctonas, así coma o respeto pola natureza.
Cada neno/a escribiu un nome para o salgueiro nunha tarxeta branca que metimos nunha caixiña. Logo do sorteo o noso salgueiro quedou bautizado como "Sagitario" e a madriña resultou ser Daniela.
Como agasallo os nenos/as levaron para a casa un pé de roble americano.
Para levar a cabo estas actividades contamos co apoio dos "Gardas forestais da Xunta de Galicia" que visitaron a nosa biblio para ofrecernos unha información máis detallada do seu traballo e ensinarnos o seu automóvil e aparellos de traballo.
Foi unha xornada do máis animada.
Aquí podedes ver as fotos:






No hay comentarios:

Publicar un comentario