lunes, 14 de enero de 2019

Gloria Fuertes.

Para conmemorar o centenario do nacemento de Gloria Fuertes, na nosa biblio organizamos unha serie de actividades.
 Durante o primeiro trimestre estivo colocada á entrada da biblio unha exposición con fondos documentais desta autora.
Para completar o pasaporte lector e obter o agasallo correspondente era condición indispensable que se lese polo menos un destes libros.
Con isto conseguimos achegar un pouco máis a obra desta gran autora ao alumnado.
Tamén fixemos unha presentaciónen power point sobre a súa biografía e os alumnos de sexto elaboraron un mural que luceu así de ben no corredor principal do colexio.


No hay comentarios:

Publicar un comentario