lunes, 14 de enero de 2019

Día do libro

Celebramos o día do libro coas seguintes actividades:

Apadriñamentos lectores: lectura de contos por parte do padriño/madriña ao afillado/a. Despois os afillados dánlles de agasallo un marcapáxinas feito por eles mesmos.


Mandil de contos: é un mandil con catro petos con preguntas: Cando?, Onde?, Quen?, Que pasou?.
En cada peto hai varias imaxes estando no peto Quen? fotos de todos os nenos/as do colexio de xeito que eles son os protagonistas dos contos:


Cubilete contacontos: contar historias a partir duns dados: 


En colaboración coa Biblioteca municipal asistimos ao espectáculo "Xogando coas palabras".












No hay comentarios:

Publicar un comentario